LER EN BRAGAS
Publicado na revista Tempos novos . Abril 2024. Imaxe de Diego Seixo. Un día morre Akira Toriyama e case pensas: “xa está, isto está chegando ao límite do que podemos absorber coma postadolescentes […]
Publicado na revista Tempos novos . Abril 2024. Imaxe de Diego Seixo. Un día morre Akira Toriyama e case pensas: “xa está, isto está chegando ao límite do que podemos absorber coma postadolescentes […]
Naquela comunidade educativa, con tempo para se preocupar tamén as unhas das outras, coñecín da sabedoría da nai de Bego. A nai de Bego di: “as casas arden e as chemineas non fumegan”, e eu aperto o corazón aguantando o ar ben adentro para non augar a ollada ante a revelación coñecida pero tan marabillosamente exposta na lembranza que a filla ten para con ela.
Publicado na revista Tempos novos . Decembro 2023. Imaxe de Diego Seixo. O pobo elixido, o pobo da luz. O pobo de Yaveh ese deus cruel do Antigo Testamento, ese. O pobo das […]
Publicado na revista Tempos novos . Novembro 2023. Imaxe de Diego Seixo. En 1917 o axedrecista normando Marcel Duchamp mercou un urinario e asinouno baixo o lema R. Mutt. Pagou os 2 dólares […]
Nunca pensei que algo tan excepcional coma un portal temporal, un buraco de verme, puidese existir n’A Coruña. De feito, nunca pensei que esa singularidade cuántica puidese existir en Galiza. Aquí as cousas adoitan a ser máis normais, os cartos desaparecen e non se melloran as infraestruturas pero ao final as ecuacións casan e a materia escura esvara por outros lugares.
Mulleres en acción é unha iniciativa para a visibilización e promoción das mulleres creadoras e do activismo feminista que leva 23 anos acontecendo ao tempo da Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas (MITCFC). Desde a súa organización María Armesto, que tamén é directora artística da mostra, identifica o proxecto coma unha intervención sobre o labor das mulleres creadoras na súa vertente de axentes transformadores da sociedade. De revolucionarias. De feministas radicais.
Amelia recólleme na porta do hotel. Acaba de aproveitar unha hora libre para ir á praia, dime que desde hai uns anos prefire non perderse nada, se ten un momento para facer algo faino, non deixa atrás as experiencias por medo a que o tempo non sexa de abondo. Escollemos logo unha mesa na terraza de Casa Porrón para compartir o diálogo. A estas horas estamos practicamente soas mais segundo se vai enchendo o local é imposible non advertir a sorpresa nas olladas das xentes que toman o vermú e escoitan o discurso poderoso de Tiganus, elegante entre a narración da cruda realidade mais fuxindo as súas verbas do relato baseado na carnaza.
Sempre era igual. Chegou un momento da miña adolescencia en que empecei a acreditar que a miña relación coa bombona de butano era especial, que tiña un superpoder que relacionaba o tempo das miñas duchas, en especial aquelas que requerían lavar o pelo, co momento en que o butano esmorecía ate converter a auga quente en glacial líquido en tempo récord sempre, sempre, no peor momento. E velaí o berro desgarrador a pedir axuda a un ser supremo, outrora denostado porque a adolescencia non ten deuses, para que viñese a me solucionar o problema sen pedir nada a cambio.
Quizáis non sexa cousa de educación e si de teatro. Remata a Mostra e empeza a pegada de carteis é é posible que tanto Shakespeare no teatro galego nos faga confundir a Barriga Verde con Mr Punch e agora pensemos que a historia non ten volta de folla, e que por moito que berremos non podemos impedir que Judy deixe as crianzas e o futuro nas mans dun home de naríz ganchudo e voz aguda e arteira que acabará moéndoos a paus e facendo con eles chourizos.
Di Terry Pratchett que a maldade comeza cando empezamos a tratar as persoas coma obxectos. Ou coma votos, coma papeis que entran nunha furna e hoxe son necesarios pero mañá (e nos próximos 525960 minutos) non. O dos minutos é relevante porque nunha urxencia os minutos contan, sempre nolo din, e nunha emerxencia, os minutos contan, e nunha partida de xadrez na que todas somos peóns e só podemos ir cara adiante os minutos contan e discurren no marcador na nosa contra.