Tags: TemposNovos DiegoSeixo

O DERBY WEB

O Derby

Entre Chantada e Ourense hai un lugar que se chama Belcrime. Eu porfío por lelo con certo aire anglosaxón, “belcraim” e imaxino os seus habitantes coma protagonistas xubilados dalgunha trama particularmente complicada do Cluedo. A ficción xorde da necesidade de lle atopar unha explicación a toda casualidade.  A ficción remata sendo a maior das trascendencias, a razón última agora que na TVG non podemos confiar nin no parte para saber do que pasa nos nosos taboleiros.