Tempos Novos

As casas arden-Web-RRSS

As casas arden

Naquela comunidade educativa, con tempo para se preocupar tamén as unhas das outras, coñecín da sabedoría da nai de Bego. A nai de Bego di: “as casas arden e as chemineas non fumegan”, e eu aperto o corazón aguantando o ar ben adentro para non augar a ollada ante a revelación coñecida pero tan marabillosamente exposta na lembranza que a filla ten para con ela. 

Diego Seixo Saltos Cuánticos

Saltos cuánticos

Nunca pensei que algo tan excepcional coma un portal temporal, un buraco de verme, puidese existir n’A Coruña. De feito, nunca pensei que esa singularidade cuántica puidese existir en Galiza. Aquí as cousas adoitan a ser máis normais, os cartos desaparecen e non se melloran as infraestruturas pero ao final as ecuacións casan e a materia escura esvara por outros lugares.

354060625_1270117827090117_2877005670692016005_n

Mulleres en acción 2023

Mulleres en acción é unha iniciativa para a visibilización e promoción das mulleres creadoras e do activismo feminista que leva 23 anos acontecendo ao tempo da Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas (MITCFC). Desde a súa organización María Armesto, que tamén é directora artística da mostra, identifica o proxecto coma unha intervención sobre o labor das mulleres creadoras na súa vertente de axentes transformadores da sociedade. De revolucionarias. De feministas radicais.

353456258_1286789858756247_7445317928998448733_n

Amelia Tiganus: Nunca fun unha calquera

Amelia recólleme na porta do hotel. Acaba de aproveitar unha hora libre para ir á praia, dime que desde hai uns anos prefire non perderse nada, se ten un momento para facer algo faino, non deixa atrás as experiencias por medo a que o tempo non sexa de abondo. Escollemos logo unha mesa na terraza de Casa Porrón para compartir o diálogo. A estas horas estamos practicamente soas mais segundo se vai enchendo o local é imposible non advertir a sorpresa nas olladas das xentes que toman o vermú e escoitan o discurso poderoso de Tiganus, elegante entre a narración da cruda realidade mais fuxindo as súas verbas do relato baseado na carnaza.

MAMÁAAA, A BOMBONA-1081604

Mamaaa, a bombona!

Sempre era igual. Chegou un momento da miña adolescencia en que empecei a acreditar que a miña relación coa bombona de butano era especial, que tiña un superpoder que relacionaba o tempo das miñas duchas, en especial aquelas que requerían lavar o pelo, co momento en que o butano esmorecía ate converter a auga quente en glacial líquido en tempo récord sempre, sempre, no peor momento. E velaí o berro desgarrador a pedir axuda a un ser supremo, outrora denostado porque a adolescencia non ten deuses, para que viñese a me solucionar o problema sen pedir nada a cambio.

In Petto OKIDOK na XL MITCFC

TÍTERES E MARIONETAS

Quizáis non sexa cousa de educación e si de teatro. Remata a Mostra e empeza a pegada de carteis é é posible que tanto Shakespeare no teatro galego nos faga confundir a Barriga Verde con Mr Punch e agora pensemos que a historia non ten volta de folla, e que por moito que berremos non podemos impedir que Judy deixe as crianzas e o futuro nas mans dun home de naríz ganchudo e voz aguda e arteira que acabará moéndoos a paus e facendo con eles chourizos. 

Entroia_redes

Eat this shit

Di Terry Pratchett que a maldade comeza cando empezamos a tratar as persoas coma obxectos. Ou coma votos, coma papeis que entran nunha furna e hoxe son necesarios pero mañá (e nos próximos 525960 minutos) non. O dos minutos é relevante porque nunha urxencia os minutos contan, sempre nolo din, e nunha emerxencia, os minutos contan, e nunha partida de xadrez na que todas somos peóns e só podemos ir cara adiante os minutos contan e discurren no marcador na nosa contra.

AS QUE ENSINAN-REDES-1073254

AS QUE ENSINAN

Porque é máis doado pensar que hai que educar aos cidadáns e cidadás nas escolas, que asumir que é unha responsabilidade global ou, como dicía nas xornadas “As mulleres que opinan son perigosas” Nuria Labari, entender que as fillas e fillos que temos non son só nosas, que todas e todos temos que nos facer cargo da construcción da súa ética e asegurar o exercicio da súa empatía.

1 2 3