Obradoiros de escrita
Obradoiros para escritoras e escritores impartidos por Anna R Figueiredo.
Obradoiros para escritoras e escritores impartidos por Anna R Figueiredo.
Escribir a primeira novela e vivir para contalo. Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia. Escribir a primeira novela é unha conversa sobre a experiencia de escribir e publicar a primeira novela. Para escribir unha novela, parece obvio, o que precisamos é sentar a escribir, mais quen pode escribir […]
O caso é que xa abríramos as superbocks e a conversa collera esa inercia na que só se contan verdades, malia que doan, e eu noto que levo un par de minutos, non máis, deixando que saian pola boca angustias gardadas no meu confinamento persoal. Cada unha un saque que non dou controlado ao que ela resta con pericia…
Club de lectura virtual arredor de Diario dun Enterro (Gonzalo Hermo-ed Galaxia) da man de Anna Figueiredo e Daniel Chapela. #GalicianCultureCovid-19
O pasado 6 de abril reunímonos en Hangouts para falar sobre O libro da filla, de Inma López Silva (editorial Galaxia). O ideal ser ter quedado en persona, pero xa sabedes, estabamos confinadas e confinados así que deicidimos facelo de xeito virtual, continuar coa vida “normal” (da vella normalidade) e a literatura a través dun […]
O martes 12 de Maio estarei recitando un anaquiño de sentimentos e palabras doutros tempos e mundos xunto con Arancha Nogueira, Alexandre Brea e mais Baía Fernández na páxina de facebook de Poesía e microrrelato Compostela. Grazas a Diego Horchovski pola oportunidade e por coñecer máis destes mundos nos que as palabras se tecen […]
Anna R. Figueiredo fala da súa visión da cultura e le un anaco da novela de Nazaret López “Formigas nos pés” editada por Xerais. Radio Ames.
Hai un algo máis de un ano que o amigo Daniel Chapela decidiu realizar a súa particular homenaxe a unha das grandes creadoras da nosa literatura. The amazing (outras fans de Palmer dirían outra palabra) Emma Pedreira.
O día 31 de Xaneiro comezamos a tempada de presentacións. Desta volta teño a sorte de acompañar a Antía Yáñez na presentación da súa obra #LIX Be Water no Espazo Lector Nóbel de Burela, onde tamén estará o editor da mesma David Cortizo (Cuarto de Inverno). Falaremos de #NovasMaternidades, #Feminismo, #Ecoloxía, e da necesidade que […]
O vindeiro venres 22 de Novembro estarei acompañando, xunto a Malores Villanueva (editora do libro) e Andrea Barreira Freije (escritora) a María Alonso na presentación en Lila de Lilith (Santiago de Compostela) da novela RED LION.