ENTREGA EN MAN
In your face. Así é como teñen denominado o tipo de teatro creado por Martin McDonagh. Na túa cara, na túa puta cara. O teatro inglés (incluso o teatro que ten parte de londinense e gran parte de irlandés) pode soltar este tipo de verdades coma puños porque levan unha longa traxectoria de reivindicacións e de poñer os pés nas táboas e berrar, e poñer os pés nas rúas e berrar, e de ter levado hostias por cada un dos berros. In your face. Así en McDonagh coma en Dunbar.