Pictures of you-Wait for it
Ítaca vive en tecnicolor e eu pregúntome se habería un camiño de poder aplicarlle un filtro e volvela en branco e negro. Pero sei que significa, aprendeumo unha peza teatral.
Ítaca vive en tecnicolor e eu pregúntome se habería un camiño de poder aplicarlle un filtro e volvela en branco e negro. Pero sei que significa, aprendeumo unha peza teatral.
Baixo a ponte xa non vive o troll. A lenda establece certos parámetros legais para que unha criatura mitolóxica da súa condición poida abandonar a súa residencia e, neste caso, o seu lugar de traballo. Porén, hai anos que xa non vive aquí.
O caso é que xa abríramos as superbocks e a conversa collera esa inercia na que só se contan verdades, malia que doan, e eu noto que levo un par de minutos, non máis, deixando que saian pola boca angustias gardadas no meu confinamento persoal. Cada unha un saque que non dou controlado ao que ela resta con pericia…
Probablemente que o 2020 non fose dos mellores dos que temos coñecemento (son consciente do eufemismo) faga que empecen a agromar antes ca nunca nas redes eses “repasos” do […]
De como Propp foi Héctor Urién e de como a vida se podía reducir a fases de Doutor Who e á verosellemanza do terceiro principio da dinámica de Newton […]
Escribir é un traballo. Un traballo gustoso e real. Non escribo no meu tempo de lecer, no meu tempo de lecer (cada vez máis pequerrechiño pero que gaño en prioridades) saio pasear e mirar o mar…
Vai sol. Sento nun barco preto dos edificios dos ollos pechados, dos balcóns pechados e as persianas pechadas. Levo un libro nunha bolsa de tea que unha muller máxica que agasallou, leva a face de Rosalía e unha mensaxe preciosa sobre a liberdade.
As palabras neste lugar de maxia fanse néboa. Dixo un autor que me abriu a pel en pequenas feridas, polo menos un milleiro, que cando algo especial teima en acadar forma de palabra perde a súa maxia. Non era así, pero ben podía ser esta a idea.
Así naceu en blogspot The Sheffield Experience, así nace hoxe esta sección, coa vontade de recoller pensamentos erráticos dunha errante e coa vontade de que ningunha das miñas historias se tome en serio. Total, son só historias.