In Petto
In Petto fala no idioma de Mr D, nese silencio caótico e denso que tentamos comprender e que se desprega diante nosa a través da xestualidade e da utilización do prompt obxectual para conseguir a comunicación. É un teatro sen palabras repleto de significado, desde os curiosos sons semellantes a eses gritos emitidos polas ghavotas que teñen un aquel con risos agudos que profire un deles, aquel que podería ser o pallaso listo, pero que deseguida vemos que non segue a construcción clásica do personaxe e así ambos van intercambiando os roles clásicos e os abraios dunha proposta lixeiramente relacionada cos soñadores do steampunk e os escenarios dunha europa victoriana idealizada, algo semellante ao imaxinario que poboa as mentes dos deseñadores de Carnivale Row ou o Castelo de Falkenstein.