Cara B

Vida normal-Redes-18092025

VIDA NORMAL

O día dous de agosto unha bicicleta e o seu correspondente ciclista decidiron pasarme por riba mentres camiñaba pola beirarrúa. O resultado, nefasto, concretouse nunha escordedura de nocello con arrancamento no maléolo que me fai visitar acotío os espazos dos hospitais do país. De toda esta singradura o que máis me ten marcado, para a miña sorpresa, é o consello dos e das doutoras consultadas nos distintos portos de escalada: con “isto” podes facer vida normal.

e la nave va-RRSS-Diego Seixo

AUGA NA QUILLA

Por unha vez fico abraiada polo silencio nas aulas, e despois de ser chamada clase ociosa, coas marcas do sono nos ollos, a tensión apenas controlada, as amigas que foron identificadas coma obxectos, puntuadas e repartidas publicamente entre os desexos de certo sector do alumnado, os insultos sotto vocce e en alto, as horas de corrección e a tinta nos dedos, a procura constante do xeito de comunicar e que a mensaxe non chegue a todos a quen debería e porfiar, e porfiar, e enfiar unha agulla co fío de Penélope unha e mil veces e ver que o tear desaparece sen a nosa vontade de destecer e empezar de novo…

O espírito da máquina RRSS

Mañá, na batalla, pensa en min

O espíritu máquina non coñece das realidades da carne, pero sabe da realidade. Sabe que ser muller vén determinado polo contexto e que ser home vén determinado polo desexo interior, pola identidade. Sabe que existen diferentes formas de se posicionar, sendo home, ante a igualdade e a iso, entendo, chámalle “maneiras de viver a masculinidade”

1 2 5