VIDA NORMAL
O día dous de agosto unha bicicleta e o seu correspondente ciclista decidiron pasarme por riba mentres camiñaba pola beirarrúa. O resultado, nefasto, concretouse nunha escordedura de nocello con arrancamento no maléolo que me fai visitar acotío os espazos dos hospitais do país. De toda esta singradura o que máis me ten marcado, para a miña sorpresa, é o consello dos e das doutoras consultadas nos distintos portos de escalada: con “isto” podes facer vida normal.