Tempos Novos

MAMÁAAA, A BOMBONA-1081604

Mamaaa, a bombona!

Sempre era igual. Chegou un momento da miña adolescencia en que empecei a acreditar que a miña relación coa bombona de butano era especial, que tiña un superpoder que relacionaba o tempo das miñas duchas, en especial aquelas que requerían lavar o pelo, co momento en que o butano esmorecía ate converter a auga quente en glacial líquido en tempo récord sempre, sempre, no peor momento. E velaí o berro desgarrador a pedir axuda a un ser supremo, outrora denostado porque a adolescencia non ten deuses, para que viñese a me solucionar o problema sen pedir nada a cambio.

In Petto OKIDOK na XL MITCFC

TÍTERES E MARIONETAS

Quizáis non sexa cousa de educación e si de teatro. Remata a Mostra e empeza a pegada de carteis é é posible que tanto Shakespeare no teatro galego nos faga confundir a Barriga Verde con Mr Punch e agora pensemos que a historia non ten volta de folla, e que por moito que berremos non podemos impedir que Judy deixe as crianzas e o futuro nas mans dun home de naríz ganchudo e voz aguda e arteira que acabará moéndoos a paus e facendo con eles chourizos. 

Entroia_redes

Eat this shit

Di Terry Pratchett que a maldade comeza cando empezamos a tratar as persoas coma obxectos. Ou coma votos, coma papeis que entran nunha furna e hoxe son necesarios pero mañá (e nos próximos 525960 minutos) non. O dos minutos é relevante porque nunha urxencia os minutos contan, sempre nolo din, e nunha emerxencia, os minutos contan, e nunha partida de xadrez na que todas somos peóns e só podemos ir cara adiante os minutos contan e discurren no marcador na nosa contra.

AS QUE ENSINAN-REDES-1073254

AS QUE ENSINAN

Porque é máis doado pensar que hai que educar aos cidadáns e cidadás nas escolas, que asumir que é unha responsabilidade global ou, como dicía nas xornadas “As mulleres que opinan son perigosas” Nuria Labari, entender que as fillas e fillos que temos non son só nosas, que todas e todos temos que nos facer cargo da construcción da súa ética e asegurar o exercicio da súa empatía.

xesús ron

Pasámolo Chévere

Velaí fica a crenza de que as salas eran un dereito fundamental de noso enfrentado á realidade na que Conde Roa decide que en Compostela non había sitio para tanto showbusiness. Coma naquel poema que todas lle atribuímos a Brecht vimos como ían a por eles e o que fixemos non deu para nada. Púxose o sol e a política do forasteiro botou o equipo local, as artistas ácratas e ate o cherif.

Tempos Novos-P1057581-Editar-2

O día en que o meu coche se uniu á revolta

Era de ser. A máquina leva actuando coma refuxio desde sempre. Desde aqueles tempos en que sacar o carné era un salvoconduto de autonomía e liberdade “non sexas coma nós”, dicían, “ti aprende a conducir, non dependas dun home para chegar onde queiras”. E así era. O automóbil favoreceu o lecer e o laburo e abrigounos na certeza de estarmos no único e verdadeiro estudio de gravación da época dourada de Detroit. Volume a tope, sol de verán, fiestras baixadas e a voz das Supremes ou a de Simone parella á nosa cacofonía disidente “I got my heart, I got my soul…”. Gasolina ou diesel, o cabalo de metal non distingue. É elemento de igualdade malia a cultura popular que as estatísticas das aseguradoras foron destruíndo a base de encarecer as pólizas dos peores condutores. 

Por ver que pasa

Por ver que pasa

Todo é unha pasta, case tanta coma ir a París, que por moito que digan non é a cidade máis romántica do mundo. Así a cidade do amor, en Nadal, probablemente por impostura pero asentada por tradición, dise mamá ou coma se chame quen organiza esa cena pantagruélica que vai deixar a economía familiar baixo mínimos en apenas tres horas, dúas fontes de turróns e os licores que cumpran.

1 2 3 4 5