Cando foi a túa primeira vez?
Hai que volver ao teatro a que nos deixe no rostro as cicatrices da vida, as que doen e as que marcan as vitorias. As que feren e as que as que nos erguen da butaca sabendo que é posible crer na utopía.
Hai que volver ao teatro a que nos deixe no rostro as cicatrices da vida, as que doen e as que marcan as vitorias. As que feren e as que as que nos erguen da butaca sabendo que é posible crer na utopía.
Erguer unha nova biblioteca e fornecela de contidos textuais e vivenciais é erguer un país. Facelo ademais aproveitando lugares senlleiros como Slovo ou o Chelsea (de 1884) denota unha defensa do patrimonio material e da identidade soberbio.
Os tempos de antes chaman á porta coma quen fai demasiados remakes. Aliméntanse das mentiras, dos berros, que non aturuxos, da sedación colectiva na que a felicidade se pode mercar en AliExpress.
Alguén polo 2005 pensou que se existía un Black Friday ben podiamos ter un Blue Monday. Conste que os luns xa traían mala prensa de antes desde que T-Bone Walker os convertera en días tormentosos desde o blues, e o blues, ben sabemos, é azul e triste. Así que se hai un día para sermos desgraciadas, mellor que sexa un luns que un mércores.
Faltan tres médicos, só se atenden urxencias vitais
Pero cando soa o timbre, a burbulla estoupa, e decatámonos de que malia ter a capacidade de cambialo todo nas nosas mans e nas nosas decisións, ficamos inmóbiles e sedadas na promesa do buenrollismo e na voráxine dunha vida sen ritmo na que avanzamos no tempo apagando incontables fogueiras. Ficamos non sendo exemplo para quen nos mira e aprende de nós pero temos unha capacidade inmensa para sobrevivir e para avanzar. O caso é perder o medo. O caso é dar o paso adiante ou non dar máis pasos atrás, que non sendo o mesmo son todos necesarios.
Escribir a primeira novela e vivir para contalo. Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia. Escribir a primeira novela é unha conversa sobre a experiencia de escribir e publicar a primeira novela. Para escribir unha novela, parece obvio, o que precisamos é sentar a escribir, mais quen pode escribir […]
Anna R. Figueiredo fala da súa visión da cultura e le un anaco da novela de Nazaret López “Formigas nos pés” editada por Xerais. Radio Ames.
De xeito similar, facemos unha procura en Google, porque en Galicia non temos un Institut que no lo dea todo feito (non me parece esaxerado ter unha plataforma máis intuitiva) para pescudar que opcións temos de axudas á tradución que impulsen a nosa cultura alén das fronteiras do país.