Anna R. Figueiredo

  • Escritora
  • Docente
  • Libre
  • Viva
SOBRE MIN

A viaxe interior

Anna Figueiredo (Ourense, 1979) é doutora en física pola Universidade de Sheffield (UK) e na actualidade imparte aulas de ciencias e tecnoloxía no ensino secundario.

Os bicos feridos (2018), premio da I edición do Certame Viadutos de Redondela, é a súa primeira novela, mais desde sempre estivo interesada pola escrita e pola cultura, desde a creación de fanzines nos anos universitarios, salferidos con colaboracións con revistas de BD coma BOOM ou BD Banda, ate o recoñecemento en premios literarios de relato curto coma o de Relato Curto de Mugardos (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014) ou o Certame Literario de Ames (2022) entre outros.

Na actualidade érguese cedo pola mañá e déitase tarde pola noite, no intento de conciliar a escrita co que parece ser a “vida real”.

” Escribir é un acto de interpretación da realidade, da súa comprensión por parte da autora e do diálogo cxs lectorxs.”

AF_portrait

Os bicos feridos

I Premio Certame Viadutos de Novela. Concello de Redondela (2018)

Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros mais Olivia ten que deixar Compostela para traballar en Londres coma au pair de día e muller da limpeza de noite. Sempre lle dixeran que traballando duro, estudando, lle iría ben, que seguir as regras do xogo lle daría estabilidade. Pero sabe que non. Perdida nunha cidade de oito millóns de habitantes, soa na multitude e rodeada do barullo incesante dun pasado en Galicia que só existe nas redes sociais enfróntase ao misterio do seu propio futuro a través das vidas cruzadas dos actores da capital inglesa, crisol de identidades e berce do West End.

Unha novela da vida que nos di que un simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa cando isto sucede?

OS BICOS FERIDOS

A banda sonora

Algúns fragmentos de
FEMINISMOS

Dicía Neneh Cherry en Woman “e o meu sangue flúe por todos os homes nesta terra esquecida de deus que me viu nacer, chorei tanto que incluso os cegos poderían ver que este mundo é das mulleres, é o meu mundo”, unha reivindicación que se pode ubicar tanto nos noventa coma na actualidade.

Pero tamén, unha idea da necesidade da presencia das mulleres durante a historia e da búsqueda da igualdade. Nun tempo no que, por sorte, agroma o ideario feminista para todas e todos a SXI e a editorial Galaxia apostan por comunicar coas novas xeracións galegas a través dunha guía de viaxe polo movemento feminista, de fóra, e de dentro da contorna.

A proposta divulgativa complétase cunha serie de unidades didácticas elaboradas por Montse Pena Presas na que afondar na querencia a coñecer, investigar e pensar o feminismo.

ARTIGOS RECENTES

Novidades no blog

A SEGUIR

Próximos eventos

CONTACTA

Escríbeme

Se queres poñerte en contacto coa autora podes achegar a túa mensaxe no seguinte formulario

    Lin e acepto o Aviso Legal e a Normativa de Privacidade.