O xoves 14 de novembro, tiven a sorte de conversar con Quique, Esther e mais Andrés en Radio Fene.
Falamos de #OsBicosFeridos pero tamén da importancia de coñecer as razóns das rutinas para namorar delas, do acoso escolar, do naval que deixamos morrer, de Andrés do Barro, de Patti Smith e de Paulo Calvo.
Se vos apetece escoitarnos e dar a vosa opinión, clicade aquí.