MONADAS
As monas non son exactamente primates, ou si, pero tentan disimulalo. As monas visten de seda e os emperadores van nus, e ese coñecemento é practicamente todo o que precisamos para sobrevivir.
As monas non son exactamente primates, ou si, pero tentan disimulalo. As monas visten de seda e os emperadores van nus, e ese coñecemento é practicamente todo o que precisamos para sobrevivir.
Era de ser. A máquina leva actuando coma refuxio desde sempre. Desde aqueles tempos en que sacar o carné era un salvoconduto de autonomía e liberdade “non sexas coma nós”, dicían, “ti aprende a conducir, non dependas dun home para chegar onde queiras”. E así era. O automóbil favoreceu o lecer e o laburo e abrigounos na certeza de estarmos no único e verdadeiro estudio de gravación da época dourada de Detroit. Volume a tope, sol de verán, fiestras baixadas e a voz das Supremes ou a de Simone parella á nosa cacofonía disidente “I got my heart, I got my soul…”. Gasolina ou diesel, o cabalo de metal non distingue. É elemento de igualdade malia a cultura popular que as estatísticas das aseguradoras foron destruíndo a base de encarecer as pólizas dos peores condutores.
Así instrúeme en que as mulleres e os homes temos as mesmas oportunidades no albor do século XXI, pero o certo é que as catedráticas son as menos, as alcaldesas escasean, as presidentas deixaron un rastro de amargura proletaria no padal…
Publicado na revista Tempos novos 308. Xaneiro 2023. Imaxe de Diego Seixo. Recollo a casa, esa condena que me fai pensar en Sísifo todas e cada unha das veces que baleiro, cargo e […]
Todo é unha pasta, case tanta coma ir a París, que por moito que digan non é a cidade máis romántica do mundo. Así a cidade do amor, en Nadal, probablemente por impostura pero asentada por tradición, dise mamá ou coma se chame quen organiza esa cena pantagruélica que vai deixar a economía familiar baixo mínimos en apenas tres horas, dúas fontes de turróns e os licores que cumpran.
Entre Chantada e Ourense hai un lugar que se chama Belcrime. Eu porfío por lelo con certo aire anglosaxón, “belcraim” e imaxino os seus habitantes coma protagonistas xubilados dalgunha trama particularmente complicada do Cluedo. A ficción xorde da necesidade de lle atopar unha explicación a toda casualidade. A ficción remata sendo a maior das trascendencias, a razón última agora que na TVG non podemos confiar nin no parte para saber do que pasa nos nosos taboleiros.
Drama inmobiliario nunha escena buscar piso para alugar en Galicia e poder pagalo
O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM) leva en pé desde 1985. No enclave privilexiado da vila moañesa existen ano tras ano tres días nos que as melodías de raíz se espallan polo ar e acollen a veciñanza e visitantes. Non hai ano que isto non pase, sexa cal sexa a situación pandémica, e iso é unha conquista da vontade da cultura. Após dous anos de restricións, na XXXVIII edición non hai concerto no que non se dance.
directivo que dimite após a Xunta de Galicia veña de reducirlles o cupo do profesorado en trece. Outro fracaso educativo
Ser nai e parir non teñen por que ser sinónimos. Ser nai precisa dunha consciencia específica, parir precisa dun proceso biolóxico. Malia que en ocasións ocupen o mesmo lugar non ocupan as mesmas condicións e deberían partir da mesma premisa: a decisión. A decisión a ser nai e a non selo, a decisión a parir e a non.