Tags: Galego

TREIXADURA

FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO

O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM) leva en pé desde 1985. No enclave privilexiado da vila moañesa existen ano tras ano tres días nos que as melodías de raíz se espallan polo ar e acollen a veciñanza e visitantes. Non hai ano que isto non pase, sexa cal sexa a situación pandémica, e iso é unha conquista da vontade da cultura. Após dous anos de restricións, na XXXVIII edición non hai concerto no que non se dance.

A persoa xestante

A persoa xestante

Ser nai e parir non teñen por que ser sinónimos. Ser nai precisa dunha consciencia específica, parir precisa dun proceso biolóxico. Malia que en ocasións ocupen o mesmo lugar non ocupan as mesmas condicións e deberían partir da mesma premisa: a decisión. A decisión a ser nai e a non selo, a decisión a parir e a non.

unnamed

FORMAS DE MATAR

Cinco balas polas costas non son unha masacre. A desatención ás leis de dependencia non son unha masacre. A ausencia de políticas sociais de equidade non son unha masacre. Porque todas son mortes de lonxe ou mortes aos poucos e esas fannos crer que doen pouco, que son ficción. Pero no mundo real a rapazada de Texas non abre os ollos, as nosas fillas, avoas, nais… non abren os ollos. Non hai Rangers que as salven nin coidadores e coidadoras que eviten a masacre. Unhas morren lonxe e outras lento.

1 2 3