- Este evento pasou.
About The Event
O vindeiro venres 22 de Novembro estarei acompañando, xunto a Malores Villanueva (editora do libro) e Andrea Barreira Freije (escritora) a María Alonso na presentación en Lila de Lilith (Santiago de Compostela) da novela RED LION.
Red Lion é unha singularidade na literatura galega.
Unha historia que escoitamos outras veces pero narrada desde un punto de vista totalmente diferente, desde o punto de vista dos que aquí son secundarios, desde o punto de vista no que a perspectiva da capacidade da muller, da muller que se crea a si propia na marxinalidade e agroma nunha sociedade violenta, desfeita, clasista e con alta capacidade para calar os seus dereitos, é anecdotaria. Non en Red Lion.
En Red Lion, Lolita Dinamita lévanos a referencias coñecidas coma aquela moza de Leon (El Profesional) e fainos fortes, capaces de decidir, observadoras da Acrópole onde o mundo da clase media-alta vive sen seren conscientes de que existen marxinalidades que levan as terras sen lei á porta dos seus perfectos fogares de ambientador Brise e asistentes virtuais.
Red Lion argumenta a viaxe da heroína feita a si propia, que fai o seu propio niño cos refugallos da sociedade e que é quen de superar as barreiras físicas, psicolóxicas, sentimentais e todos os teitos de cristal.
Ás veces a solución pasa por queimalo todo e pintalo de branco.
Vémonos?