Xaneiro 31

Presentación Be Water-Antía Yáñez

Cargando eventos
  • Este evento pasou.

About The Event

Rúa Castelao 2
Burela, Lugo 27880 Spain
Xaneiro 31, 2020
8:00 p.m. - 9:00 p.m.

O día 31 de Xaneiro comezamos a tempada de presentacións. Desta volta teño a sorte de acompañar a Antía Yáñez na presentación da súa obra #LIX Be Water no Espazo Lector Nóbel de Burela, onde tamén estará o editor da mesma David Cortizo (Cuarto de Inverno).

Falaremos de #NovasMaternidades, #Feminismo, #Ecoloxía, e da necesidade que que existan libros referentes para a mocidade que medra entre nós e que desexa vivir e saberse nunha sociedade xusta e libre creada polas súas mans. Falaremos de #Igualdade.

Este acto está pensado para persoas con vontade de sorprenderse de entre 10-99 anos. Vémonos en Burela?

 

Para os que precisedes algo máis de información:

BE WATER

Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive
soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máisprezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.

ANTÍA YÁÑEZ

Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos
Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de
Cambre. Con obras autotraducidas ao castelán gañou o 1o premio do V Certamen de Relatos “Pablo de Olavide” de La Luisiana (Sevilla, 2016), o 1o premio do XIX Certamen de Poesía y Relato Corto “Dafne” de Oviedo (2016), o 2o premio no XXIV Certamen Literario “Mujerarte” de Lucena (Córdoba, 2016) e obtivo unha mención especial no XIII Concurso de Microrrelatos Mineros “Manuel Nevado Madrid” de Oviedo (2016). No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019).

En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquista.
Be Water, foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

 

 

 

Share: