Blog

WhatsApp Image 2020-05-10 at 02.13.33

O pasado 24 de abril festexamos a resaca do libro cunha nova edición dos Clubs de lectura virtuais a cargo de Daniel Chapela e mais miña. Nesta ocasión con Gonzalo Hermo (desde Barcelona) e o seu Diario dun enterro (premio Repsol 2019 e publicado pola editorial Galaxia).

De novo a discusión cando todas as participantes leron o libro aporta moitos matices de riqueza á propia obra e á súa interpretación.

Falamos da soidade, da emigración, da visión do emigrado, desa idiosincrasia galega que nos fai calar, moitas veces, para non molestar. Das relacións que son sólidas e perduran e non temen falar das rutinas. Falamos da beleza do excéntrico e da necesidade de varios spin-offs para esta belísima novela.

Diario dun enterro é unha obra que ben podería ser escrita coa flema dun autor británico atónito ante a súa ignorancia sobre a morte, na personaxe de Xacobe, ou un antropólogo pouco inocente perdido entre as ruelas dunha aldea galega das de sempre.