Blog

inma

O pasado 6 de abril reunímonos en Hangouts para falar sobre O libro da filla, de Inma López Silva (editorial Galaxia).

O ideal ser ter quedado en persona, pero xa sabedes, estabamos confinadas e confinados así que deicidimos facelo de xeito virtual, continuar coa vida “normal” (da vella normalidade) e a literatura a través dun formato que nos permitía destripar a pracer un libro que ten múltiples capas e personalidades, tamén intencionalidades.

Porén non ten sentido entrar a desvelar os seus segredos, pero si que conta comentar a dispoñibilidade da autora e da gran Mercedes Corbillón para nos acompañar nun debate das súas boas dúas horas no que distintos puntos de vista se contrapuxeron ante a intencionalidade da autora na obra.

O libro abre cuestións, a quen vivimos en Santiago lévanos a un tempo no que A CASA ENCANTADA aínda estaba encantada, aos que, como Inma, tamén estivemos en Berlín, a esa sensación irrepetible de que a comunidade é algo máis que unha xuntanza. Tamén tece guieros sobre a ética xornalística e o emprego da información. Sobre a ansia do poder. Sobre a desigualdade no espazo rural en contraposición á suposta liberdade urbanita.

E non queda aquí… Pero nós, xa o vivimos. Convídovos a experimentar unha lectura diferente, visceral, que revolve e interpela, porque ás veces tamén hai que remexer entre as sombras e ver se atopamos certa luz. Ou non…