Alberte Valverde reseña neste número da Grial (222, que se factoriza en 1*2*3*37 -e xa sabedes o moito que nos gusta o 37 e o 73 coma números primos) a primeira edición de Os bicos feridos.
Grazas polo tempo dedicado e esa visión certeira e interesante, grazas por aprenderme da diexese.
Se queredes botarlle un vistazo recomendo que vos fagades cunha GRIAL (tamén hai nas bibliotecas, ou debería haber) porque é unha publicación que realmente paga a pena e axuda a crear redes de pensamento.
Pero se vos dá preguiza, velaquí vos deixo esta sección…