Tags: Tempos Novos

Tempos-_MG_0273_18940-Diego Seixo

Franquismo sen filtros

Como lle dixo Pasolini a Furio Colombo nunha pouco tempo antes de morrer: “Eu baixo ao inferno e sei cousas que turban a paz dos outros. Pero coidado, o inferno está subindo a onde vós estades… Non vos fagades ilusións”, e como di a canción “non agardes que chore, que minta ou que morra por min”.

Blue Monday

Blue Monday

Alguén polo 2005 pensou que se existía un Black Friday ben podiamos ter un Blue Monday. Conste que os luns xa traían mala prensa de antes desde que T-Bone Walker os convertera en días tormentosos desde o blues, e o blues, ben sabemos, é azul e triste. Así que se hai un día para sermos desgraciadas, mellor que sexa un luns que un mércores.

TemposNovembro2

ABRINDO MELÓNS

Non é tempo de gardar silencio, nin de adornar, nin de conceder. Non son tratos co demo, son intereses económicos e sociais. Non somos un produto, somos persoas donas do noso corpo e da nosa vontade. Nunca máis María Soliño. Nunca máis calar para non molestar, que aínda queda un xardín enteiro de cabazos aos que lle mirar o que levan dentro.

WhatsApp Image 2021-10-04 at 17.01.38

Camiña sen ritmo para non atraer ao verme

Pero cando soa o timbre, a burbulla estoupa, e decatámonos de que malia ter a capacidade de cambialo todo nas nosas mans e nas nosas decisións, ficamos inmóbiles e sedadas na promesa do buenrollismo e na voráxine dunha vida sen ritmo na que avanzamos no tempo apagando incontables fogueiras. Ficamos non sendo exemplo para quen nos mira e aprende de nós pero temos unha capacidade inmensa para sobrevivir e para avanzar. O caso é perder o medo. O caso é dar o paso adiante ou non dar máis pasos atrás, que non sendo o mesmo son todos necesarios.

1 2 3