O Des-en-freo
Hai un algo máis de un ano que o amigo Daniel Chapela decidiu realizar a súa particular homenaxe a unha das grandes creadoras da nosa literatura. The amazing (outras fans de Palmer dirían outra palabra) Emma Pedreira.
Hai un algo máis de un ano que o amigo Daniel Chapela decidiu realizar a súa particular homenaxe a unha das grandes creadoras da nosa literatura. The amazing (outras fans de Palmer dirían outra palabra) Emma Pedreira.
Ler faime libre, faime máis crítica, dáme ferramentas para entender o mundo e nesas ferramentas reside unha altísima incomprensión, mais a incomprensión pode alimentar o pensamento crítico co que entendo que calquera persoa que se sabe libre debe convivir e loitar a diario.
Acordamos, con palabras de silencio, que o amor sen matrimonio nunca había durar tanto coma un matrimonio sen amor.
Homenaxe a Neil Gaiman e o seu conto “O home que esqueceu a Ray Bradbury” Non moitas persoas traballan na noite de fin de ano. Digo noite de fin de ano porque nunca souben moi ben como lle chamar, porque noite nova é o oposto a noitevella, mais non é nova. É a noite do […]
Radio Fene e Anna Figueirido falan de Os Bicos Feridos. En Londres os de fóra somos nós. Diálogo arredor da obra, de Patti Smith, da transmigración, do amor
A voz das mulleres é a ceifa de centos de pequenos momentos escollidos sen azar, e con esforzo.
Alberte Valverde reseña neste número da Grial (222, que se factoriza en 1*2*3*37 -e xa sabedes o moito que nos gusta o 37 e o 73 coma números primos) a primeira edición de Os bicos feridos.
Hoxe, cun Boris abandonado polo seu irmán, como se fose unha traxedia Shakespeariana (que para traxedias estamos!) recibo a nova linda da man de Francisco Castro de que acaba de entrar no prelo a terceira impresión de OS BICOS FERIDOS.
Somos a literatura da ficción imposible como última posibilidade. Coma voz. Coma salvación. Coma promesa. Coma certeza. Coma fío infinito.
Sabéndome infinita, ollo cara a pantalla da televisión, aquela que tiña todas as respostas cando nena, e dígolle a esa outra da banda interna do espello… Que Florrick? Atréveste?