Masterclass Novela

Xaneiro 20

Masterclass: Escribir a primeira novela e vivir para contalo

Cargando eventos
  • Este evento pasou.

About The Event

Xaneiro 20, 2021
7:00 p.m. - 8:30 p.m.
Masterclass Novela
Escribir a primeira novela e vivir para contalo. Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia.
Escribir a primeira novela é unha conversa sobre a experiencia de escribir e publicar a primeira novela.
Para escribir unha novela, parece obvio, o que precisamos é sentar a escribir, mais quen pode escribir unha primeira novela? Cando se pode facer? Hai unha idade para escribir unha novela? Debería recurrir a cursos de escritura? Cales son os primeiros pasos para escribir unha novela? Cales son os primeiros fracasos escribindo a primeira novela? Cantas veces se pode escribir a
primeira novela?
E agora que está escrita… que facer con ela?
A través de intervencións, imaxes e algún xogo relacionado coa
literatura galega e a cultura audiovisual artellaranse respostas a estas preguntas, eternas e complexas entre a relatora e os participantes.
Mércores 20 de Xaneiro, ás 19:00 a través de google meets.
Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar. ✨💫
Poderedes acceder a través da seguinte ligazón: https://meet.google.com/wcw-tsps-ant
Share:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.