Marzo 23

Recital poético e faladoiro sobre a POESÍA ACTUAL EN GALICIA

Cargando eventos
  • Este evento pasou.

About The Event

Marzo 23, 2021
8:00 p.m. - 9:30 p.m.

Cartel Spoken Word

Xa o di

Diego Horschovski…
Supoño que de ser un Marx, nesta tríada tocaríame Harpo, pero eles son mellores músicos e non teño un harpa. Tampouco podo ser Chico porque ao piaño non lle dou ben…
Para Groucho sóbrame pelo e fáltame labia.
En fin.. seguro que habería unha irmá Marx.
O día 23 de Marzo, grazas ao esforzo e xentileza do Concello de  Ames, falarei de como liala con poetas e deixar que os poetas te líen ou cha líen.
De como Marcos De la Fuente ten o poder nas súas mans, de como Arancha Nogueira me deixa ser performática, de como Carlos Da Aira é xeneroso ate o infinito e di que si e constrúe un espectáculo marabilloso. De como Emma Pedreira me aprende, como Twain, que a historia non se repite, pero rima.
E lerei os versos de outrxs. De Iria Collazo López, e de Millán, porque os camiño da palabrafalada poden ir desde as casas queimadas até aquela poesía do social que, coma Celso Emilio, deixa pouso na intención da gorxa. Arrola o bruar, aperta os dentes. Porque os poetas sono tamén dos lugares que os habitan. Polo atlas que sustenta un mundo de cinzas ou de ar.
Pero o caso, é que estarán os irmáns Marx, e será unha noite na ópera da Peregrina na mellor das compañas. Porque vós ides, non?
Share:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.