Sinécdoque Moaña- De Irias, monólogos e todo o que (non) se conta
O caso é que xa abríramos as superbocks e a conversa collera esa inercia na que só se contan verdades, malia que doan, e eu noto que levo un par de minutos, non máis, deixando que saian pola boca angustias gardadas no meu confinamento persoal. Cada unha un saque que non dou controlado ao que ela resta con pericia…