Tags: DiegoSeixo

XL MITCFC

Malditas plumas

As plumas pouco pesan. Pero cando son moitas, como as pequenas feridas, tórnanse unha carga insoportable, poderian chegar a exercer tal presión sobre nós que nos inmobilizasen por completo. Hai unha carreira suicida detrás dos sorrisos perfetos de carmín e brillo que dunha vez foron froito de inocencia e tenrura. Hai unha verdade universal que aínda fascinado coa combinación perfecta entre luces e harmonía escenográfica da obra Mr Dumpty recoñece: as plumas fican ingrávidas pero as tetas non, por iso todas deberíamos, coma Sol Picó, desexar se Marlene Dietrich, porque os traxes de chaleco séntanos estupendamente e carecen de pluma.

AS QUE ENSINAN-REDES-1073254

AS QUE ENSINAN

Porque é máis doado pensar que hai que educar aos cidadáns e cidadás nas escolas, que asumir que é unha responsabilidade global ou, como dicía nas xornadas “As mulleres que opinan son perigosas” Nuria Labari, entender que as fillas e fillos que temos non son só nosas, que todas e todos temos que nos facer cargo da construcción da súa ética e asegurar o exercicio da súa empatía.

XL MITCFC

EL AVARO DE MOLIÉRE

Os casamentos sen amor, o amor sen cartos, a xuventude en contraposición coa usura. A comedia no seu labor titánico de traer unha historia do pasado, cos traxes dun pasado imaxinario, case propio dun mundo de marionetas para adultos con brillantes coloretes redondos e certos ataques orquestítico e unha perpetua banda sonora que podería escoller Kusturica.

XL MITCFC

BAMBÚ- Isabel Blanco

Fóra do centro comercial, moi fóra, non chove, as mulleres poden chegar a onde elas queiran, e Inditex non exerce o seu dominio. Alí, preto do mar, hai unha librería que non imita ningunha cadea, e dentro unha voz autoral de muller. Fóra do centro comercial, moi fóra, Silda Alfaro é un teatro, obra o milagre de converter a súa carne en proscenio, atrezzo e actriz a un tempo. Le. Interpreta. A actriz é celme do teatro e como tal pode sentenciar deter o tempo.

xesús ron

Pasámolo Chévere

Velaí fica a crenza de que as salas eran un dereito fundamental de noso enfrentado á realidade na que Conde Roa decide que en Compostela non había sitio para tanto showbusiness. Coma naquel poema que todas lle atribuímos a Brecht vimos como ían a por eles e o que fixemos non deu para nada. Púxose o sol e a política do forasteiro botou o equipo local, as artistas ácratas e ate o cherif.

Tempos Novos-P1057581-Editar-2

O día en que o meu coche se uniu á revolta

Era de ser. A máquina leva actuando coma refuxio desde sempre. Desde aqueles tempos en que sacar o carné era un salvoconduto de autonomía e liberdade “non sexas coma nós”, dicían, “ti aprende a conducir, non dependas dun home para chegar onde queiras”. E así era. O automóbil favoreceu o lecer e o laburo e abrigounos na certeza de estarmos no único e verdadeiro estudio de gravación da época dourada de Detroit. Volume a tope, sol de verán, fiestras baixadas e a voz das Supremes ou a de Simone parella á nosa cacofonía disidente “I got my heart, I got my soul…”. Gasolina ou diesel, o cabalo de metal non distingue. É elemento de igualdade malia a cultura popular que as estatísticas das aseguradoras foron destruíndo a base de encarecer as pólizas dos peores condutores. 

Por ver que pasa

Por ver que pasa

Todo é unha pasta, case tanta coma ir a París, que por moito que digan non é a cidade máis romántica do mundo. Así a cidade do amor, en Nadal, probablemente por impostura pero asentada por tradición, dise mamá ou coma se chame quen organiza esa cena pantagruélica que vai deixar a economía familiar baixo mínimos en apenas tres horas, dúas fontes de turróns e os licores que cumpran.

unnamed

FORMAS DE MATAR

Cinco balas polas costas non son unha masacre. A desatención ás leis de dependencia non son unha masacre. A ausencia de políticas sociais de equidade non son unha masacre. Porque todas son mortes de lonxe ou mortes aos poucos e esas fannos crer que doen pouco, que son ficción. Pero no mundo real a rapazada de Texas non abre os ollos, as nosas fillas, avoas, nais… non abren os ollos. Non hai Rangers que as salven nin coidadores e coidadoras que eviten a masacre. Unhas morren lonxe e outras lento.