A persoa xestante
Ser nai e parir non teñen por que ser sinónimos. Ser nai precisa dunha consciencia específica, parir precisa dun proceso biolóxico. Malia que en ocasións ocupen o mesmo lugar non ocupan as mesmas condicións e deberían partir da mesma premisa: a decisión. A decisión a ser nai e a non selo, a decisión a parir e a non.