Os bicos feridos

Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros.

Olivia, despois dun expediente brillante ten que marchar de Compostela e instalarse en Londres onde atopa traballo de au pair nunha familia de clase media. Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unha carreira de ciencias, se seguía as regras establecidas e agora sente que o que lle ensinaron é unha grande estafa tanto no eido laboral como no persoal. O móbil e as redes sociais conéctana coa súa vida anterior, mentres se perde nunha cidade de oito millóns de persoas, soa, cun coñecemento precario de inglés e limpando unha casa e un laboratorio, en lugar de traballar nel.

Unha novela da vida que nos di que un simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa cando isto sucede?

I Premio Certame Viadutos de Novela. Concello de Redondela (2018)

Share

Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros.

Olivia, despois dun expediente brillante ten que marchar de Compostela e instalarse en Londres onde atopa traballo de au pair nunha familia de clase media. Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unha carreira de ciencias, se seguía as regras establecidas e agora sente que o que lle ensinaron é unha grande estafa tanto no eido laboral como no persoal. O móbil e as redes sociais conéctana coa súa vida anterior, mentres se perde nunha cidade de oito millóns de persoas, soa, cun coñecemento precario de inglés e limpando unha casa e un laboratorio, en lugar de traballar nel.

A primeira persoa que se preocupa por ela aparece ao día seguinte nos xornais despois dun accidente na estación de tren de Croydon. Samuel foi unha casualidade nun deses días solitarios en que Olivia visita o Museo Británico. Un rapaz que se lle achega, que a fai sentir ben e que toma unha decisión para a que ela precisa respostas. Unha novela da vida que nos di que un simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa cando isto sucede?

I Premio Certame Viadutos de Novela. Concello de Redondela (2018)

Os bicos feridos, a banda sonora

Os bicos feridos é unha novela con banda sonora. Unha colección de cancións que seguen as pasaxes da trama para acompañar a paisaxe imaxinaria da lectura.

Esta selección fíxose nas seguintes circunstancias: explicación.

Os bicos feridos nos medios

ZigZag Diario

Nós Televisión

Recomendación da libraría Couceiro

Radio Sants

Diario Cultural

Atlántico Diario

La Voz de Galicia

Recensións

Ramón Nicolás

Páxinas

396

Deseño

Rústica con lapelas

Dimensións

13,5 x 21 cm

Data de publicación

21/11/2018

Colección

Literaria

Editorial

Editorial Galaxia

ISBN

978-84-9151-259-2

Edición

Nº da colección

377