Tolo
Fóra de programa: crónica anárquica vinculante da XL Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2023. Imaxes Diego Seixo. Prezado Mr D, Kubilay Erdelikara é un actor impresionante, a súa […]
Fóra de programa: crónica anárquica vinculante da XL Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2023. Imaxes Diego Seixo. Prezado Mr D, Kubilay Erdelikara é un actor impresionante, a súa […]
In Petto fala no idioma de Mr D, nese silencio caótico e denso que tentamos comprender e que se desprega diante nosa a través da xestualidade e da utilización do prompt obxectual para conseguir a comunicación. É un teatro sen palabras repleto de significado, desde os curiosos sons semellantes a eses gritos emitidos polas ghavotas que teñen un aquel con risos agudos que profire un deles, aquel que podería ser o pallaso listo, pero que deseguida vemos que non segue a construcción clásica do personaxe e así ambos van intercambiando os roles clásicos e os abraios dunha proposta lixeiramente relacionada cos soñadores do steampunk e os escenarios dunha europa victoriana idealizada, algo semellante ao imaxinario que poboa as mentes dos deseñadores de Carnivale Row ou o Castelo de Falkenstein.
Di Terry Pratchett que a maldade comeza cando empezamos a tratar as persoas coma obxectos. Ou coma votos, coma papeis que entran nunha furna e hoxe son necesarios pero mañá (e nos próximos 525960 minutos) non. O dos minutos é relevante porque nunha urxencia os minutos contan, sempre nolo din, e nunha emerxencia, os minutos contan, e nunha partida de xadrez na que todas somos peóns e só podemos ir cara adiante os minutos contan e discurren no marcador na nosa contra.
A Mesa acontece nas táboas da escena coa habelencia precisa para que as espectadoras non perdamos o fío e viaxemos decotío desde a butaca ate lugares dentro da memoria acompañadas polas voces máis potentes do elenco que danza no escenario un enredo metaliterario no que semellan ser conscientes da súa natureza de personaxes sen por iso renunciar á súa propia autonomía e carácter.
Na distopía proposta na obra recoñecemos trazas da nosa realidade, feridas máis ou menos profundas, hipérboles que poderían ligarse con certas novas, con accidentes laborais, coa esixencia real pero emboscada polo medo a “non ser a traballadora do mes” en que establecemos que un traballo non é un proxecto de vida nin un motivo xustificable para a dependencia de ansiolíticos.
As plumas pouco pesan. Pero cando son moitas, como as pequenas feridas, tórnanse unha carga insoportable, poderian chegar a exercer tal presión sobre nós que nos inmobilizasen por completo. Hai unha carreira suicida detrás dos sorrisos perfetos de carmín e brillo que dunha vez foron froito de inocencia e tenrura. Hai unha verdade universal que aínda fascinado coa combinación perfecta entre luces e harmonía escenográfica da obra Mr Dumpty recoñece: as plumas fican ingrávidas pero as tetas non, por iso todas deberíamos, coma Sol Picó, desexar se Marlene Dietrich, porque os traxes de chaleco séntanos estupendamente e carecen de pluma.
Porque é máis doado pensar que hai que educar aos cidadáns e cidadás nas escolas, que asumir que é unha responsabilidade global ou, como dicía nas xornadas “As mulleres que opinan son perigosas” Nuria Labari, entender que as fillas e fillos que temos non son só nosas, que todas e todos temos que nos facer cargo da construcción da súa ética e asegurar o exercicio da súa empatía.
Fóra de programa: crónica anárquica vinculante da XL Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2023. Compañía: Chévere Procedencia: Galicia Destinado a: Público adulto Presentación: 2022 Duración: 55 minutos […]
O navegante é a visión dun neno da realidade que foi a sala NASA, o proxecto NASA, a vida NASA. Nas palabras de Tristán, seu autor, que viviu a súa infancia entre as realidades deste grandísimo proxecto de investigación, vivencias e creación cultural sito en Compostela.
Os casamentos sen amor, o amor sen cartos, a xuventude en contraposición coa usura. A comedia no seu labor titánico de traer unha historia do pasado, cos traxes dun pasado imaxinario, case propio dun mundo de marionetas para adultos con brillantes coloretes redondos e certos ataques orquestítico e unha perpetua banda sonora que podería escoller Kusturica.