Presentación Os libros feridos en Arzúa
madanela arzúa Rúa Cima do Lugar s/n, Arzúa, A Coruña, SpainGrazas á xenerosidade de José Manuel Pampín, estarei o próximo día 4 de Outubro en Arzúa, nun coloquio aberto xunto co club de lectura ARZÚA LEE para falar de Os bicos feridos e de todas as literaturas. Agardámosvos na magnífica Capela da Madanela, ás 20:30. Un luxazo!
Presentación da novela Red Lion (María Alonso)
Lila de Lilith Rúa Travesa, 7, Santiago de Compostela, A Coruña, SpainO vindeiro venres 22 de Novembro estarei acompañando, xunto a Malores Villanueva (editora do libro) e Andrea Barreira Freije (escritora) a María Alonso na presentación en Lila de Lilith (Santiago de Compostela) da novela RED LION.
Presentación Be Water-Antía Yáñez
Espazo lector Nóbel Burela Rúa Castelao 2, Burela, Lugo, SpainO día 31 de Xaneiro comezamos a tempada de presentacións. Desta volta teño a sorte de acompañar a Antía Yáñez na presentación da súa obra #LIX Be Water no Espazo Lector Nóbel de Burela, onde tamén estará o editor da mesma David Cortizo (Cuarto de Inverno). Falaremos de #NovasMaternidades, #Feminismo, #Ecoloxía, e da necesidade que […]
Presentación de O LIBRO DOS TRENS (Varias autoras)
Librería Cartabón Rúa de Urzáiz 125, Vigo, Pontevedra, SpainSobre viaxes, trens, literatura, tendencias, aprendizaxe, cambio e a tendencia a que o estado se siga galduxando en asterisco e non a través dun eixo atlántico, á beiriña do mar. De maletas. De agresións. De voces. De neuras. De atafegos. De maquinistas. De costumes.
Venres 6 de Marzo en Libraría Cartabón (Vigo) ás 20:15
(Des)fase poético
O martes 12 de Maio estarei recitando un anaquiño de sentimentos e palabras doutros tempos e mundos xunto con Arancha Nogueira, Alexandre Brea e mais Baía Fernández na páxina de facebook de Poesía e microrrelato Compostela. Grazas a Diego Horchovski pola oportunidade e por coñecer máis destes mundos nos que as palabras se tecen […]
Masterclass: Escribir a primeira novela e vivir para contalo
Escribir a primeira novela e vivir para contalo. Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia. Escribir a primeira novela é unha conversa sobre a experiencia de escribir e publicar a primeira novela. Para escribir unha novela, parece obvio, o que precisamos é sentar a escribir, mais quen pode escribir […]
Recital poético e faladoiro sobre a POESÍA ACTUAL EN GALICIA
Xa o di Diego Horschovski... Supoño que de ser un Marx, nesta tríada tocaríame Harpo, pero eles son mellores músicos e non teño un harpa. Tampouco podo ser Chico porque ao piaño non lle dou ben... Para Groucho sóbrame pelo e fáltame labia. En fin.. seguro que habería unha irmá Marx. O día 23 de […]