Marzo 6

Presentación de O LIBRO DOS TRENS (Varias autoras)

Cargando eventos
  • Este evento pasou.

About The Event

Rúa de Urzáiz 125
Vigo, Pontevedra 36205 Spain
Marzo 6, 2020
8:15 p.m. - 9:00 p.m.

Hai algo especial no mar.

Nos tres tamén.

Os trens dan abeiro a quen quere viaxar e sabe que o corpo chega pero o sentido viaxa a outras velocidades.

Os trens son unha excusa perfecta para que dez autouras e autores da literatura galega se xunten no 2019 para dar unha visión de como se interpretan as tendencias literarias do ano desde a súa perspectiva, desde a súa viaxe.

Algún día miraremos cara atrás e este compendio será unha estación en coiros na que se falou do sabor da literatura antes dos anos vinte, como se falará do seu precursor, marabilla en catálogo de delicatessens en forma de palabra, O libro dos libros.

Sobre viaxes, trens, literatura, tendencias, aprendizaxe, cambio e a tendencia a que o estado se siga galduxando en asterisco e non a través dun eixo atlántico, á beiriña do mar. De maletas. De agresións. De voces. De neuras. De atafegos. De maquinistas. De costumes.

Do revisor que sentaba ao meu carón nas viaxes universitarias e falabamos de libros e da importancia de coñecer, dunha cidade, o mercado e a catedral.

De todo iso e máis, falaremos o VENRES 6 de MARZO, María Alonso, Diego Giráldez, Antonio Piñeiro e mais eu.

No abeiro constante da estación Cartabón, onde todas as sinais son amistosas.

Animádesvos a vir?

Será ás 20:15, un venres, hora perfecta para abrir boca con debate e contos e seguir cunha noite inolvidable na cidade onde o tren morre, pero morre feliz, rodeado de bágoas do Atlántico.

 

Share: