Bailar a roda
Os tempos de antes chaman á porta coma quen fai demasiados remakes. Aliméntanse das mentiras, dos berros, que non aturuxos, da sedación colectiva na que a felicidade se pode mercar en AliExpress.
Os tempos de antes chaman á porta coma quen fai demasiados remakes. Aliméntanse das mentiras, dos berros, que non aturuxos, da sedación colectiva na que a felicidade se pode mercar en AliExpress.
Alguén polo 2005 pensou que se existía un Black Friday ben podiamos ter un Blue Monday. Conste que os luns xa traían mala prensa de antes desde que T-Bone Walker os convertera en días tormentosos desde o blues, e o blues, ben sabemos, é azul e triste. Así que se hai un día para sermos desgraciadas, mellor que sexa un luns que un mércores.
Cara B publicouse en Tempos Novos, xaneiro 2022 Imaxe: Diego Seixo A canción fala de sermos mozas e de fuxir soterrando os soños. Enceta unha melodía melancólica con instrumentos […]
Non é tempo de gardar silencio, nin de adornar, nin de conceder. Non son tratos co demo, son intereses económicos e sociais. Non somos un produto, somos persoas donas do noso corpo e da nosa vontade. Nunca máis María Soliño. Nunca máis calar para non molestar, que aínda queda un xardín enteiro de cabazos aos que lle mirar o que levan dentro.
Pero cando soa o timbre, a burbulla estoupa, e decatámonos de que malia ter a capacidade de cambialo todo nas nosas mans e nas nosas decisións, ficamos inmóbiles e sedadas na promesa do buenrollismo e na voráxine dunha vida sen ritmo na que avanzamos no tempo apagando incontables fogueiras. Ficamos non sendo exemplo para quen nos mira e aprende de nós pero temos unha capacidade inmensa para sobrevivir e para avanzar. O caso é perder o medo. O caso é dar o paso adiante ou non dar máis pasos atrás, que non sendo o mesmo son todos necesarios.