Cara B

Europa-Xorda

EUROPA ESTÁ XORDA

De feito no mundo real estamos tan xordos que respiramos profundamente cando “non escoitamos” aos compañeiros de laburo enunciar teorías terraplanistas e antivacinas, consignas contra a igualdade, ladaíñas emponzoñadas “ti sabes que tamén hai mulleres que matan ás súas parellas?”, afirmacións indiscutibles como “pois tampouco é tan ultradereita”

As casas arden-Web-RRSS

As casas arden

Naquela comunidade educativa, con tempo para se preocupar tamén as unhas das outras, coñecín da sabedoría da nai de Bego. A nai de Bego di: “as casas arden e as chemineas non fumegan”, e eu aperto o corazón aguantando o ar ben adentro para non augar a ollada ante a revelación coñecida pero tan marabillosamente exposta na lembranza que a filla ten para con ela. 

Diego Seixo Saltos Cuánticos

Saltos cuánticos

Nunca pensei que algo tan excepcional coma un portal temporal, un buraco de verme, puidese existir n’A Coruña. De feito, nunca pensei que esa singularidade cuántica puidese existir en Galiza. Aquí as cousas adoitan a ser máis normais, os cartos desaparecen e non se melloran as infraestruturas pero ao final as ecuacións casan e a materia escura esvara por outros lugares.

MAMÁAAA, A BOMBONA-1081604

Mamaaa, a bombona!

Sempre era igual. Chegou un momento da miña adolescencia en que empecei a acreditar que a miña relación coa bombona de butano era especial, que tiña un superpoder que relacionaba o tempo das miñas duchas, en especial aquelas que requerían lavar o pelo, co momento en que o butano esmorecía ate converter a auga quente en glacial líquido en tempo récord sempre, sempre, no peor momento. E velaí o berro desgarrador a pedir axuda a un ser supremo, outrora denostado porque a adolescencia non ten deuses, para que viñese a me solucionar o problema sen pedir nada a cambio.

In Petto OKIDOK na XL MITCFC

TÍTERES E MARIONETAS

Quizáis non sexa cousa de educación e si de teatro. Remata a Mostra e empeza a pegada de carteis é é posible que tanto Shakespeare no teatro galego nos faga confundir a Barriga Verde con Mr Punch e agora pensemos que a historia non ten volta de folla, e que por moito que berremos non podemos impedir que Judy deixe as crianzas e o futuro nas mans dun home de naríz ganchudo e voz aguda e arteira que acabará moéndoos a paus e facendo con eles chourizos.